martes, 23 de junio de 2009

XIV Asalto ó castelo de Vimianzo


En Vimianzo, o primeiro sábado de xullo volve a voz dos irmandiños que intentan vencer ó señor do castelo , como fixeron por vez primeira aló no 1467.

Ven e descubre ós nobres, campesiños, soldados e meigas, únete a eles para asaltar o castelo, alumea o camiño cos fachos, loita na batalla da fortaleza e vence o monstro que a defende.

Ven, móllate, berra, ri, corre, camiña, baila, pasarás una noite máxica no ASALTO Ó CASTELO de Vimianzo.

Tampouco te perdas o II Concurso gastronómico de pinchos irmandiños. Nos bares da vila soneirana poderáse desfrutar destes pinchos nos que non poderá haber ningún ingrediente de despois da Idade Media, pinchos medievais.

Haberá zona de acampada, loita do asalto, concertos folk, rock, etc. Ah do castelo!