martes, 23 de junio de 2009

XIV Asalto ó castelo de Vimianzo


En Vimianzo, o primeiro sábado de xullo volve a voz dos irmandiños que intentan vencer ó señor do castelo , como fixeron por vez primeira aló no 1467.

Ven e descubre ós nobres, campesiños, soldados e meigas, únete a eles para asaltar o castelo, alumea o camiño cos fachos, loita na batalla da fortaleza e vence o monstro que a defende.

Ven, móllate, berra, ri, corre, camiña, baila, pasarás una noite máxica no ASALTO Ó CASTELO de Vimianzo.

Tampouco te perdas o II Concurso gastronómico de pinchos irmandiños. Nos bares da vila soneirana poderáse desfrutar destes pinchos nos que non poderá haber ningún ingrediente de despois da Idade Media, pinchos medievais.

Haberá zona de acampada, loita do asalto, concertos folk, rock, etc. Ah do castelo!




lunes, 18 de mayo de 2009

O sexo dos anxos. MARIO BENEDETTI


Isto non é Ira. Cabería inventar outro pecado que reunise esquezo e recordo nunha soa palabra. Temos a teima de recordar aquilo que deberiamos manter sempre vivo. Alguén dixo que Mario Benedetti non morrera, senón que se sementara. Iso agardo. Uruguai chora hoxe a morte dun dos maiores piares das letras latinoamericanas, Mario Benedetti. A primavera ficou cunha esquina rota sen a súa voz. A súa prosa é fresca e contén un sentimento xigante que fai tremer, en moitas ocasións, o corazón do lector. Coa tea das palabras denunciou as torturas da ditadura uruguaia e cantou ó amor, á soidade. Coñezo poucos dos seus poemas. A máis próxima a min era a súa faceta de contacontos. Os seus relatos eran cachiños de vida suxeitos por un velcro esencial, primixenio. No maldito recordo quédame este contiño ante o que só me queda dicir grazas, grazas polas túas palabras.



Su amor no era sencillo
Los detuvieron por atentado al pudor. Y nadie les creyó cuando el hombre y la mujer trataron de explicarse. En realidad, su amor no era sencillo. Él padecía claustrofobia, y ella, agorafobia. Era sólo por eso que fornicaban en los umbrales.


Táctica y estrategia

Mi táctica es
mirarte
aprender como sos
quererte como sos.
Mi táctica es
hablarte
y escucharte
construir con palabras
un puente indestructible.
Mi táctica es
quedarme en tu recuerdo
no sé cómo ni sé
con qué pretexto
pero quedarme en vos.
Mi táctica es
ser franco
y saber que sos franca
y que no nos vendamos
simulacros
para que entre los dos
no haya telón
ni abismos.
Mi estrategia es
en cambio
más profunda y más
simple.
Mi estrategia es
que un día cualquiera
no sé cómo ni sé
con qué pretexto
por fin me necesites
.

miércoles, 13 de mayo de 2009

Ei Carballeira!



Nun segundo número, e seguindo co tema dos festivais, non estaría mal falar da festa da Carballeira. Celébrase cada verán no concello coruñés de Zas http://festadacarballeira.com/galego/index.html
Festas coma esta só se poden facer aquí. O ambiente, xente, lugar, o enxebre...O ano pasado foi a miña primeira Carballeira. Este ano, se podo, volvo.
Iso, se teñen a oportunidade de ir, non deixen de facelo.

sábado, 9 de mayo de 2009

Alarma social



Os medios de comunicación non fan máis que falar da crisis, medo xeralizado, caída das vendas...
Eu non entendo nada de economía, pero algo de sentido común aínda me queda. Non hai día que non se fale da crise. E que se pretende con isto? Tranquilizar á xente? A obrigación dun xornalista é informar, dar a coñecer o que pasa no mundo. Pero ata que punto se permite crear alarma social?
É certo que estamos nunha situación moi difícil, pero creando este medo non se vai solucionar nada. Xa sabemos que a situación é crítica. Non fai falta estar a todas horas co mesmo.
O único que se consegue é que a xente deixe de mercar, deixe de consumir para aforrar. A xente que en principio non se ve afectada polo paro, deixa de gastar por se acaso, por medo. E se non hai quen compre, non hai quen venda.
Meu pai é obreiro e leva dende os 18 anos en Suiza. E nunca viu unha situación como esta. A xente xa non constrúe nada. Todo son reformas, e reformas pequenas. A xente non ten cartos, ou ten medo a gastalos. Meu pai ten que alongar os traballos que van quedando ó máximo. E incluso hai algún día que non hai ningunha obra e ten que quedar na casa. O mes de marzo tivo que esperar moitísimo ata que lle pagaran. Este mes que pasou aínda non lle pagaron.
Xa sei que todo é moito máis complexo. Que xa dixen que eu de economía non entendo. Xa sei que a xente estaba sustentada nos créditos, e o da burbulla inmobiliaria, etc... Pero aínda así, os medios non terán algo de culpa?


Na imaxe, o Audi Q7. Un automobil grazas o cal 1500 persoas se salvaron do paro na fábrica de Seat en Martorell, Barcelona. Pero eu digo, quen o comprará? Os mesmos que fixeron a crise?

Por que hai tantos pés??


Quizais a xente se estea preguntando, por que hai tantas fotos de pés? Por que os pés?
En realidade, non é por nada en especial, non lle busquedes sentidos filosóficos,porque non o ten. Queríamos comezar a presentarnos a nós, ós creadores do oitavo pecado. Como sempre oiríades falar do de
non se empeza a construir unha casa polo tellado, nós tampouco o imos facer. Polo que comezamos o noso proxecto polas bases, polos pés. Aínda que poidan parecer inexpresivos, feos e algo no que nunca nos fixamos, os pés din moitas cousas de nós. Uns pés que non paran de moverse falan dunha persoa inquieta ou tímida; uns pés con paso firme, unha persoa segura... E xa non digamos se falamos do calzado.
Pois iso, que quede aclarado que non somos fetichistas nese sentido. (Ou polo menos eu non o son)

Todo ten unha explicación.

jueves, 7 de mayo de 2009

MoDA


ABAIXO O PROTAGONISMO

Sí, a ira non é un sentimento moi agradable, pero que lle imos facer, un pecadiño máis, dos menores supoño.
Pero non estou airada de xeito gratuíto, a ira vén de moitas cousas, moitos detalles, porque ante todo, odio o afán de protagonismo. É algo malo, en maiúsculas. A competitividade, mesmo a ambición non son tan malas, porque o protagonismo vén unido ó egocentrismo e pérdeste a ti mesmo cando intentas pisar ós demais por riba de todo.
Destacar, ser chulo, non está mal, sempre e cando non queiras levar ti todo o mérito das cousas, todo o mérito sen importar os que pensen os demais.
PROTAGONISMO, ese gran amigo e inimigo dos xornalistas....

miércoles, 6 de mayo de 2009

Festival do Castro, PANTÓN




Tarde de acrobacias




Xantar

FesTiVal dO CaStRo


Concerto de 2008, Lamatumbá



Gaillimh, Arann, Eyre






Xeado

Son algo máis das oito da tarde. Fai calor...preciso algo fresco....auga...un zume...Ou mellor, un xeado, un deses xeados estupendos do carriño da zona vella...Que fresco ese sabor maravilloso do chocolate. Mentres paseo pola sombra...porque polo sol póñome moi vermella. Voume, marcho...vou polo meu xeado.

Máis imaxes para envexar de Galway, Irlanda



Fotografías do Arts Festival of Galway






Impresionantes acantilados de Moher.

Lugar melancólico e triste, lugar que moita xente elixiu e elixe para suicidarse.

A luxuria mailo sexo

Non son quen de entender como no século XXI, aínda existen certos reparos e tabúes á hora de falar de sexo ou de relacións (serias, esporádicas, con descoñecidos, con colegas...).

Aínda existen persoas que lles resulta totalmente descoñecido e incluso espantoso falar de masturbación, de vibradores, de alongadores, de...

Tampouco comprendo porque a xente se empeña en etiquetalo todo. Semella que todo ten que ter nome, explicación, data de inicio e inclusive a data de caducidade...Que hai de malo en desfrutar do sexo, falar del, vivir del e para el...?

Cansa de tabúes sociais.

Os sabores particulares...

Hoxe prefiro o sabor amargo da laranxa que o doce do chocolate. Estiven a pensar, que xa que parece que isto poida que chegue a ter un éxito (mínimo), polo menos entre nós, que estamos a traballar nisto como se fose o único que existe nas nosas vidas. Temos unha vida paralela (aínda que non o pareza) ó noso mundo laboral.

Non me gustaría que isto se convertise na "Pronto", pero non estaría mal subir algunha "receta"; se alguén quere unha boa sobremesa recomendo fresóns con chocolate fundido, anacos de laranxas tamén molladas en chocolate pero cun toque de canela. E se algúen adora a manteiga, o azucre e as galletas recoméndolle que probe unha "galleta holandesa".

Recomendacións da chef: laranxa con chocolate ou fresas, forêt noir, galletas holandesa, batido de vainilla, cacao amargo con leite frío, chocolate branco con froitos silvestres (en taza), linguas verdes con pica a pica, chocolate branco con améndoas...

Sorte e bo paladar!

GÚSTANOS A MODA....E ALGO MÁIS

No primeiro número da nosa revista adicámoslle unha ampla reportaxe á moda, á súa elaboración, e tamén unha pequena crónica acerca dunha curiosa anécdota que nos ocorreu.
Pero a moda non só son trapos, lazos, fío e agulla, non, é o reflexo dunha personalidade, a nosa maneira de ver o mundo e os estados de ánimo.
Gustaríame apuntar que xa non é só unha cousa de mulleres, senón tamén de homes; a nosa sociedade cada vez se preocupa máis polo aspecto físico, pero a roupa xa non é só unha cousa de presumidas e tontas. Agora defínete como eres por dentro, o cal, se reflicte por fóra. É unha forma de expresión máis, un xeito de ser... e senón, cantos amigos tes que se definen pola roupa? por exemplo, o de pantalóns violetas, a de camisolas anchas, a de roupa alternativa....
Cal é o problema, que cada vez máis concidimos na mesma camiseta, no mesmo pantalón ou mesmo no estilo de vestir. Compramos nas mesmas tendas e iso nótase.
Por iso é importante reivindicar a moda, pero a orixinal, a de verdade, a que realmente nos define e a que queiramos levar en cada momento do día.
Porque este é o momento, porque podemos dicir ben alto, que todo vale!

Anacos de lugares, sabores, lembranzas...



































































Envexa?



Un breve recorte do que vos podedes atopar na costa oeste de Irlanda. No número 1, máis detalles de Gaillimh e arredores. Non volo podedes perder.

DISCREPO COA ENVEXA Á INDIA

Véxome obrigada a intervir ante tanta crítica e infudada, aínda por riba, á película "Slumdog millionaire" de Danny Boyle. Primeiro de todo, está claro que as pretensións do filme son bastantes escasas, xa que o seu presuposto, 15 millóns de dólares, é o mesmo que o que lle pagaron a Brad Pitt por " El curioso caso de Benjamin Button", así que de intento moralizante pouco. Segundo, todos e todas temos claro que os Oscar de por sí, non garantizan que vaiamos a ver unha película impresionante, sen precedentes e que recordaremos o resto das nosas vidas, non, pero neste caso, podes ver a película unha soa vez, que meses despois terás grabadas na túa memoria imaxes nítidas. Quen se olvida do neno cuberto de excrementos conseguindo o autógrafo do seu ídolo, ou do irmán do protagonista na piscina chea de cartos, ou mesmo do presentador do programa intentando enganar ó noso inxenuo personaxe para que dera a resposta incorrecta.
Visualmente espléndida e mostrándonos como a miseria e a riqueza máis soberbia conviven nos mesmos metros cadrados. Quédome cos nenos da India que non conseguiron saír do cárcere sen cadeas no que están, quédome coa envexa dese irmán, como Caín e Abel, pero que ó fin sálva a súa alma sacrificándoa, quédome sobre todo con que as cousas poden acabar ben, pero custa; con que se deixan moitos pecados polo camiño e con que se expian coas feridas do destino, un destino que a propia India, coa súa música exquisita, a súa pobreza e as súas cores abraiantes se encargan de tecer.
A conclusión, Boyle fai de cada fotograma un fío da rede que enlaza entre os millonarios soberbios e uns nenos tratados coma cans da rúa, fai unha moralexa, unha reflexión, unha ironía da vida e un canto ó azar, nese fantástico e dramático escenario como é a India.

Mulleres e homiños...

Un inciso, comentáronme onte que as mulleres se visten para elas e se desvisten para os homes. Q vedes de certo nisto?? Vos que sodes mulleres coma min, que opinades disto?? E vos, homiños deste mundo credes que é así a cousa??

lunes, 4 de mayo de 2009

EVA: Casting dunha mazá











Entrevista coa almofada




No noso primeiro número tratamos un tema tan relevante para as persoas como é o durmir. A Asociación Española da Cama, ASOCAMA, dá na súa páxina web algunhas claves para a mellora do sono. Así mesmo existe unha enquisa, realizada en toda Europa por EBIA, a Asociación Europea da Cama, que asegura que os españoles somos os que máis alongamos a vida dos nosos colchóns, cunha media de 12 anos, por enriba dos 10 recomendados pola EBIA.
Outro dos temas que tratamos é o do insomnio e damos uns consellos moi útiles para a mellora do sono. Do mesmo xeito, incluimos no artigo información sobre o novo anuncio da marca Flex que mostra un nacemento nunha das camas desta marca.


sábado, 4 de abril de 2009

Os 7 pecados que ampliamos.

avaricia : a mistura é libre.
gula : consumo excesivo de comida e bebida.
ira : odio, enoxo, furia...
luxuria : picaresca, tentación, pracer.
envexa : querer o que teñen os demais.
preguiza : incapacidade de facerse cargo dalgo
soberbia : orgullo, prepotencia, excelencia.