martes, 23 de junio de 2009

XIV Asalto ó castelo de Vimianzo


En Vimianzo, o primeiro sábado de xullo volve a voz dos irmandiños que intentan vencer ó señor do castelo , como fixeron por vez primeira aló no 1467.

Ven e descubre ós nobres, campesiños, soldados e meigas, únete a eles para asaltar o castelo, alumea o camiño cos fachos, loita na batalla da fortaleza e vence o monstro que a defende.

Ven, móllate, berra, ri, corre, camiña, baila, pasarás una noite máxica no ASALTO Ó CASTELO de Vimianzo.

Tampouco te perdas o II Concurso gastronómico de pinchos irmandiños. Nos bares da vila soneirana poderáse desfrutar destes pinchos nos que non poderá haber ningún ingrediente de despois da Idade Media, pinchos medievais.

Haberá zona de acampada, loita do asalto, concertos folk, rock, etc. Ah do castelo!




lunes, 18 de mayo de 2009

O sexo dos anxos. MARIO BENEDETTI


Isto non é Ira. Cabería inventar outro pecado que reunise esquezo e recordo nunha soa palabra. Temos a teima de recordar aquilo que deberiamos manter sempre vivo. Alguén dixo que Mario Benedetti non morrera, senón que se sementara. Iso agardo. Uruguai chora hoxe a morte dun dos maiores piares das letras latinoamericanas, Mario Benedetti. A primavera ficou cunha esquina rota sen a súa voz. A súa prosa é fresca e contén un sentimento xigante que fai tremer, en moitas ocasións, o corazón do lector. Coa tea das palabras denunciou as torturas da ditadura uruguaia e cantou ó amor, á soidade. Coñezo poucos dos seus poemas. A máis próxima a min era a súa faceta de contacontos. Os seus relatos eran cachiños de vida suxeitos por un velcro esencial, primixenio. No maldito recordo quédame este contiño ante o que só me queda dicir grazas, grazas polas túas palabras.



Su amor no era sencillo
Los detuvieron por atentado al pudor. Y nadie les creyó cuando el hombre y la mujer trataron de explicarse. En realidad, su amor no era sencillo. Él padecía claustrofobia, y ella, agorafobia. Era sólo por eso que fornicaban en los umbrales.


Táctica y estrategia

Mi táctica es
mirarte
aprender como sos
quererte como sos.
Mi táctica es
hablarte
y escucharte
construir con palabras
un puente indestructible.
Mi táctica es
quedarme en tu recuerdo
no sé cómo ni sé
con qué pretexto
pero quedarme en vos.
Mi táctica es
ser franco
y saber que sos franca
y que no nos vendamos
simulacros
para que entre los dos
no haya telón
ni abismos.
Mi estrategia es
en cambio
más profunda y más
simple.
Mi estrategia es
que un día cualquiera
no sé cómo ni sé
con qué pretexto
por fin me necesites
.

miércoles, 13 de mayo de 2009

Ei Carballeira!



Nun segundo número, e seguindo co tema dos festivais, non estaría mal falar da festa da Carballeira. Celébrase cada verán no concello coruñés de Zas http://festadacarballeira.com/galego/index.html
Festas coma esta só se poden facer aquí. O ambiente, xente, lugar, o enxebre...O ano pasado foi a miña primeira Carballeira. Este ano, se podo, volvo.
Iso, se teñen a oportunidade de ir, non deixen de facelo.

sábado, 9 de mayo de 2009

Alarma social



Os medios de comunicación non fan máis que falar da crisis, medo xeralizado, caída das vendas...
Eu non entendo nada de economía, pero algo de sentido común aínda me queda. Non hai día que non se fale da crise. E que se pretende con isto? Tranquilizar á xente? A obrigación dun xornalista é informar, dar a coñecer o que pasa no mundo. Pero ata que punto se permite crear alarma social?
É certo que estamos nunha situación moi difícil, pero creando este medo non se vai solucionar nada. Xa sabemos que a situación é crítica. Non fai falta estar a todas horas co mesmo.
O único que se consegue é que a xente deixe de mercar, deixe de consumir para aforrar. A xente que en principio non se ve afectada polo paro, deixa de gastar por se acaso, por medo. E se non hai quen compre, non hai quen venda.
Meu pai é obreiro e leva dende os 18 anos en Suiza. E nunca viu unha situación como esta. A xente xa non constrúe nada. Todo son reformas, e reformas pequenas. A xente non ten cartos, ou ten medo a gastalos. Meu pai ten que alongar os traballos que van quedando ó máximo. E incluso hai algún día que non hai ningunha obra e ten que quedar na casa. O mes de marzo tivo que esperar moitísimo ata que lle pagaran. Este mes que pasou aínda non lle pagaron.
Xa sei que todo é moito máis complexo. Que xa dixen que eu de economía non entendo. Xa sei que a xente estaba sustentada nos créditos, e o da burbulla inmobiliaria, etc... Pero aínda así, os medios non terán algo de culpa?


Na imaxe, o Audi Q7. Un automobil grazas o cal 1500 persoas se salvaron do paro na fábrica de Seat en Martorell, Barcelona. Pero eu digo, quen o comprará? Os mesmos que fixeron a crise?

Por que hai tantos pés??


Quizais a xente se estea preguntando, por que hai tantas fotos de pés? Por que os pés?
En realidade, non é por nada en especial, non lle busquedes sentidos filosóficos,porque non o ten. Queríamos comezar a presentarnos a nós, ós creadores do oitavo pecado. Como sempre oiríades falar do de
non se empeza a construir unha casa polo tellado, nós tampouco o imos facer. Polo que comezamos o noso proxecto polas bases, polos pés. Aínda que poidan parecer inexpresivos, feos e algo no que nunca nos fixamos, os pés din moitas cousas de nós. Uns pés que non paran de moverse falan dunha persoa inquieta ou tímida; uns pés con paso firme, unha persoa segura... E xa non digamos se falamos do calzado.
Pois iso, que quede aclarado que non somos fetichistas nese sentido. (Ou polo menos eu non o son)

Todo ten unha explicación.

jueves, 7 de mayo de 2009

MoDA


ABAIXO O PROTAGONISMO

Sí, a ira non é un sentimento moi agradable, pero que lle imos facer, un pecadiño máis, dos menores supoño.
Pero non estou airada de xeito gratuíto, a ira vén de moitas cousas, moitos detalles, porque ante todo, odio o afán de protagonismo. É algo malo, en maiúsculas. A competitividade, mesmo a ambición non son tan malas, porque o protagonismo vén unido ó egocentrismo e pérdeste a ti mesmo cando intentas pisar ós demais por riba de todo.
Destacar, ser chulo, non está mal, sempre e cando non queiras levar ti todo o mérito das cousas, todo o mérito sen importar os que pensen os demais.
PROTAGONISMO, ese gran amigo e inimigo dos xornalistas....