Mostrando entradas con la etiqueta gula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta gula. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de junio de 2009

XIV Asalto ó castelo de Vimianzo


En Vimianzo, o primeiro sábado de xullo volve a voz dos irmandiños que intentan vencer ó señor do castelo , como fixeron por vez primeira aló no 1467.

Ven e descubre ós nobres, campesiños, soldados e meigas, únete a eles para asaltar o castelo, alumea o camiño cos fachos, loita na batalla da fortaleza e vence o monstro que a defende.

Ven, móllate, berra, ri, corre, camiña, baila, pasarás una noite máxica no ASALTO Ó CASTELO de Vimianzo.

Tampouco te perdas o II Concurso gastronómico de pinchos irmandiños. Nos bares da vila soneirana poderáse desfrutar destes pinchos nos que non poderá haber ningún ingrediente de despois da Idade Media, pinchos medievais.

Haberá zona de acampada, loita do asalto, concertos folk, rock, etc. Ah do castelo!




miércoles, 6 de mayo de 2009

Xeado

Son algo máis das oito da tarde. Fai calor...preciso algo fresco....auga...un zume...Ou mellor, un xeado, un deses xeados estupendos do carriño da zona vella...Que fresco ese sabor maravilloso do chocolate. Mentres paseo pola sombra...porque polo sol póñome moi vermella. Voume, marcho...vou polo meu xeado.

Os sabores particulares...

Hoxe prefiro o sabor amargo da laranxa que o doce do chocolate. Estiven a pensar, que xa que parece que isto poida que chegue a ter un éxito (mínimo), polo menos entre nós, que estamos a traballar nisto como se fose o único que existe nas nosas vidas. Temos unha vida paralela (aínda que non o pareza) ó noso mundo laboral.

Non me gustaría que isto se convertise na "Pronto", pero non estaría mal subir algunha "receta"; se alguén quere unha boa sobremesa recomendo fresóns con chocolate fundido, anacos de laranxas tamén molladas en chocolate pero cun toque de canela. E se algúen adora a manteiga, o azucre e as galletas recoméndolle que probe unha "galleta holandesa".

Recomendacións da chef: laranxa con chocolate ou fresas, forêt noir, galletas holandesa, batido de vainilla, cacao amargo con leite frío, chocolate branco con froitos silvestres (en taza), linguas verdes con pica a pica, chocolate branco con améndoas...

Sorte e bo paladar!

Anacos de lugares, sabores, lembranzas...