Son algo máis das oito da tarde. Fai calor...preciso algo fresco....auga...un zume...Ou mellor, un xeado, un deses xeados estupendos do carriño da zona vella...Que fresco ese sabor maravilloso do chocolate. Mentres paseo pola sombra...porque polo sol póñome moi vermella. Voume, marcho...vou polo meu xeado.
Non son quen de entender como no século XXI, aínda existen certos reparos e tabúes á hora de falar de sexo ou de relacións (serias, esporádicas, con descoñecidos, con colegas...).
Aínda existen persoas que lles resulta totalmente descoñecido e incluso espantoso falar de masturbación, de vibradores, de alongadores, de...
Tampouco comprendo porque a xente se empeña en etiquetalo todo. Semella que todo ten que ter nome, explicación, data de inicio e inclusive a data de caducidade...Que hai de malo en desfrutar do sexo, falar del, vivir del e para el...?
Hoxe prefiro o sabor amargo da laranxa que o doce do chocolate. Estiven a pensar, que xa que parece que isto poida que chegue a ter un éxito (mínimo), polo menos entre nós, que estamos a traballar nisto como se fose o único que existe nas nosas vidas. Temos unha vida paralela (aínda que non o pareza) ó noso mundo laboral. Non me gustaría que isto se convertise na "Pronto", pero non estaría mal subir algunha "receta"; se alguén quere unha boa sobremesa recomendo fresóns con chocolate fundido, anacos de laranxas tamén molladas en chocolate pero cun toque de canela. E se algúen adora a manteiga, o azucre e as galletas recoméndolle que probe unha "galleta holandesa". Recomendacións da chef: laranxa con chocolate ou fresas, forêt noir, galletas holandesa, batido de vainilla, cacao amargo con leite frío, chocolate branco con froitos silvestres (en taza), linguas verdes con pica a pica, chocolate branco con améndoas... Sorte e bo paladar!
avaricia : a mistura é libre. gula : consumo excesivo de comida e bebida. ira : odio, enoxo, furia... luxuria : picaresca, tentación, pracer. envexa : querer o que teñen os demais. preguiza: incapacidade de facerse cargo dalgo soberbia : orgullo, prepotencia, excelencia.
Eu mesma dou por comezado este blog. Cando na clase de Xéneros nos propuxeron o proxecto todo parecía sinxelo á par de complexo. Un primeiro paso foi a constitución do grupo, seriamos nove: Olalla, Ana, Alba, Iria, Anxos, Tamara, Lorena, Manuel e máis eu. Xustificamos isto alegando que fariamos unha revista e un blog coma soporte complementario, no que todos poderiamos ampliar un pouco máis os temas tratados na revista. Tras unhas cantas reunións de cafetería e logo de que Anxos, a de Vedra, comese un marabilloso “kinder bueno”, Ana, a de Allariz, pensou nos sete pecados capitais. E claro, deste xeito, a revista contaría con 7 seccións. A cousa deixou por un instante de ser complexa e mesmo chegou a ser divertida. Repartímonos as funcións e comentámoslle a nosa proposta ao profesor X.Neira Cruz. Na miña humilde opinión, o profesor non agardaba tal proxecto e gustoulle a idea, animándonos pero, ao mesmo tempo, advertíndonos de que sería un traballo non sinxelo e laborioso para o que teriamos que empezar a traballar xa. Oitavo pecado xorde mentres varios compoñentes do grupo fan unha reportaxe sobre tapas en Compostela. Incluiríana máis tarde na sección da gula, xa saben, o desexo de consumo excesivo de comida e bebida. Non foi difícil definir os temas a tratar en cada sección, aínda que finalmente unhas cubrirán outras. Cousas que pasan, lei de vida din...E así foi, o tempo chegounos a pouco e mesmo houbo unha semana de “caos”, pero finalmente conseguimos redactar e maquetar (que non é pouco!) a nosa revista. E si, foi un traballo realmente complexo; levar a cabo un proxecto asi non é sinxelo. Iso si, agardamos que sexa parte dun pequeno comezo, pero para nada un final.