sábado, 9 de mayo de 2009

Por que hai tantos pés??


Quizais a xente se estea preguntando, por que hai tantas fotos de pés? Por que os pés?
En realidade, non é por nada en especial, non lle busquedes sentidos filosóficos,porque non o ten. Queríamos comezar a presentarnos a nós, ós creadores do oitavo pecado. Como sempre oiríades falar do de
non se empeza a construir unha casa polo tellado, nós tampouco o imos facer. Polo que comezamos o noso proxecto polas bases, polos pés. Aínda que poidan parecer inexpresivos, feos e algo no que nunca nos fixamos, os pés din moitas cousas de nós. Uns pés que non paran de moverse falan dunha persoa inquieta ou tímida; uns pés con paso firme, unha persoa segura... E xa non digamos se falamos do calzado.
Pois iso, que quede aclarado que non somos fetichistas nese sentido. (Ou polo menos eu non o son)

Todo ten unha explicación.

5 comentarios:

  1. Maldita sexa, xa non me serve a miña teoría do fetichismo.

    (En verdade non a tiña :P)

    Paréceme moi ben esta idea, ¡pero dicide de quen son! :D

    ResponderEliminar
  2. non importa de ken son, sinon o q simbolizan

    hala! sigo cas idas de olla

    ResponderEliminar
  3. Os pés eran, durante a idade media unha parte do corpo da muller cun alto sentido erótico. Nos salóns de té as patas das cadeiras estaban cubertas para evitar malos pensamentos dos homes ó relacionalos coas extremidades femininas.

    ResponderEliminar
  4. Todo comezou cunha chocolatina, por Paula.
    Díxolle un labrego galego ao gran escritor Eduardo Galeano: "que dificil ha ser escribir tan sinxelo". Pois ben, serve tamén para o oitavo pecado que comeza a súa andaina, con bos modais os oito dias da semana.
    Boandanza.
    balonga

    ResponderEliminar
  5. Ola ^^ Gustoume o dos pés, e lin a maior parte das entradas do blog. Están moi ben, gustanme porque son bastante persoais (Aínda que non sepa quen especificamente de vós as escribe)

    Só unha cousiña, porque son unha queixona, a min nalgúns casos, as cores dos posts chirríanme un pouco, costame lelas (sobre todo en azul, que acabo de ler unha agora nel). Eu diría que teríades que buscar unhas cores que resultaran menos chamativas e máis cómodas de ler, pero é só a miña opinión.
    O fondo en negro está ben, cansa pouco a vista. (Eu usaría letras en branco ou gamas de grises, como as dos comentarios.)

    Ala, xa despois de dála lata, podedes pegarme se tal....

    Un biquiño.

    Jessica G.

    ResponderEliminar