sábado, 9 de mayo de 2009

Alarma social



Os medios de comunicación non fan máis que falar da crisis, medo xeralizado, caída das vendas...
Eu non entendo nada de economía, pero algo de sentido común aínda me queda. Non hai día que non se fale da crise. E que se pretende con isto? Tranquilizar á xente? A obrigación dun xornalista é informar, dar a coñecer o que pasa no mundo. Pero ata que punto se permite crear alarma social?
É certo que estamos nunha situación moi difícil, pero creando este medo non se vai solucionar nada. Xa sabemos que a situación é crítica. Non fai falta estar a todas horas co mesmo.
O único que se consegue é que a xente deixe de mercar, deixe de consumir para aforrar. A xente que en principio non se ve afectada polo paro, deixa de gastar por se acaso, por medo. E se non hai quen compre, non hai quen venda.
Meu pai é obreiro e leva dende os 18 anos en Suiza. E nunca viu unha situación como esta. A xente xa non constrúe nada. Todo son reformas, e reformas pequenas. A xente non ten cartos, ou ten medo a gastalos. Meu pai ten que alongar os traballos que van quedando ó máximo. E incluso hai algún día que non hai ningunha obra e ten que quedar na casa. O mes de marzo tivo que esperar moitísimo ata que lle pagaran. Este mes que pasou aínda non lle pagaron.
Xa sei que todo é moito máis complexo. Que xa dixen que eu de economía non entendo. Xa sei que a xente estaba sustentada nos créditos, e o da burbulla inmobiliaria, etc... Pero aínda así, os medios non terán algo de culpa?


Na imaxe, o Audi Q7. Un automobil grazas o cal 1500 persoas se salvaron do paro na fábrica de Seat en Martorell, Barcelona. Pero eu digo, quen o comprará? Os mesmos que fixeron a crise?

3 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. non sei porque se me borrou o d arriba...
    Estou contigo, o deber do xornalista é informar, pero cales son os intereses dos medios?? estes dias parece máis importante falar da candidatura olímpica de Madrid ou da visita do presidente galo ca da propia crise...enfin...
    Meu pai está en paro e a punto de rematalo. Confiemos en que a crise "algun día" rematará e todos poderemos vivir un pouco mellor ;)

    ResponderEliminar