miércoles, 6 de mayo de 2009

DISCREPO COA ENVEXA Á INDIA

Véxome obrigada a intervir ante tanta crítica e infudada, aínda por riba, á película "Slumdog millionaire" de Danny Boyle. Primeiro de todo, está claro que as pretensións do filme son bastantes escasas, xa que o seu presuposto, 15 millóns de dólares, é o mesmo que o que lle pagaron a Brad Pitt por " El curioso caso de Benjamin Button", así que de intento moralizante pouco. Segundo, todos e todas temos claro que os Oscar de por sí, non garantizan que vaiamos a ver unha película impresionante, sen precedentes e que recordaremos o resto das nosas vidas, non, pero neste caso, podes ver a película unha soa vez, que meses despois terás grabadas na túa memoria imaxes nítidas. Quen se olvida do neno cuberto de excrementos conseguindo o autógrafo do seu ídolo, ou do irmán do protagonista na piscina chea de cartos, ou mesmo do presentador do programa intentando enganar ó noso inxenuo personaxe para que dera a resposta incorrecta.
Visualmente espléndida e mostrándonos como a miseria e a riqueza máis soberbia conviven nos mesmos metros cadrados. Quédome cos nenos da India que non conseguiron saír do cárcere sen cadeas no que están, quédome coa envexa dese irmán, como Caín e Abel, pero que ó fin sálva a súa alma sacrificándoa, quédome sobre todo con que as cousas poden acabar ben, pero custa; con que se deixan moitos pecados polo camiño e con que se expian coas feridas do destino, un destino que a propia India, coa súa música exquisita, a súa pobreza e as súas cores abraiantes se encargan de tecer.
A conclusión, Boyle fai de cada fotograma un fío da rede que enlaza entre os millonarios soberbios e uns nenos tratados coma cans da rúa, fai unha moralexa, unha reflexión, unha ironía da vida e un canto ó azar, nese fantástico e dramático escenario como é a India.

No hay comentarios:

Publicar un comentario