lunes, 4 de mayo de 2009

Entrevista coa almofada




No noso primeiro número tratamos un tema tan relevante para as persoas como é o durmir. A Asociación Española da Cama, ASOCAMA, dá na súa páxina web algunhas claves para a mellora do sono. Así mesmo existe unha enquisa, realizada en toda Europa por EBIA, a Asociación Europea da Cama, que asegura que os españoles somos os que máis alongamos a vida dos nosos colchóns, cunha media de 12 anos, por enriba dos 10 recomendados pola EBIA.
Outro dos temas que tratamos é o do insomnio e damos uns consellos moi útiles para a mellora do sono. Do mesmo xeito, incluimos no artigo información sobre o novo anuncio da marca Flex que mostra un nacemento nunha das camas desta marca.


2 comentarios:

  1. falta unha boa cama para facer o amor e desfacelo, coma o nó dos zapatos. Vermello. Unha cama é un comezo e un destino. Pasamos a meirande da nosa vida na cama: bicando, amando, tocando, lambendo,chuchando, durmindo, soñando, en definitiva, vivindo o mellor da vida. Cada día novo nace nunha cama, no mellor dos casos. A cama, o colchón, o saco de dumir, as mantas, os cartóns... esas maravillosas superficies onde parir degoiros e filias.

    "amantissima mae que me deches a vida nun colchón de lá"

    ResponderEliminar