avaricia : a mistura é libre. gula : consumo excesivo de comida e bebida. ira : odio, enoxo, furia... luxuria : picaresca, tentación, pracer. envexa : querer o que teñen os demais. preguiza: incapacidade de facerse cargo dalgo soberbia : orgullo, prepotencia, excelencia.
Eu mesma dou por comezado este blog. Cando na clase de Xéneros nos propuxeron o proxecto todo parecía sinxelo á par de complexo. Un primeiro paso foi a constitución do grupo, seriamos nove: Olalla, Ana, Alba, Iria, Anxos, Tamara, Lorena, Manuel e máis eu. Xustificamos isto alegando que fariamos unha revista e un blog coma soporte complementario, no que todos poderiamos ampliar un pouco máis os temas tratados na revista. Tras unhas cantas reunións de cafetería e logo de que Anxos, a de Vedra, comese un marabilloso “kinder bueno”, Ana, a de Allariz, pensou nos sete pecados capitais. E claro, deste xeito, a revista contaría con 7 seccións. A cousa deixou por un instante de ser complexa e mesmo chegou a ser divertida. Repartímonos as funcións e comentámoslle a nosa proposta ao profesor X.Neira Cruz. Na miña humilde opinión, o profesor non agardaba tal proxecto e gustoulle a idea, animándonos pero, ao mesmo tempo, advertíndonos de que sería un traballo non sinxelo e laborioso para o que teriamos que empezar a traballar xa. Oitavo pecado xorde mentres varios compoñentes do grupo fan unha reportaxe sobre tapas en Compostela. Incluiríana máis tarde na sección da gula, xa saben, o desexo de consumo excesivo de comida e bebida. Non foi difícil definir os temas a tratar en cada sección, aínda que finalmente unhas cubrirán outras. Cousas que pasan, lei de vida din...E así foi, o tempo chegounos a pouco e mesmo houbo unha semana de “caos”, pero finalmente conseguimos redactar e maquetar (que non é pouco!) a nosa revista. E si, foi un traballo realmente complexo; levar a cabo un proxecto asi non é sinxelo. Iso si, agardamos que sexa parte dun pequeno comezo, pero para nada un final.
encántame a foto da vaca!! q natural!!
ResponderEliminara rapaza loira ten o seu punto...
ResponderEliminarnesa foto sale xeitosa. xDD
ResponderEliminar